El pasado 21 de abril se celebró la jornada de lanzamiento...
Leer más
Pastoreo inteligente para prevenir incendios y certificar servicios ecosistémicos
O obxectivo principal de SILVO+ é desenvolver e validar modelos innovadores de silvopastoreo que contribúan á prevención de incendios forestais, á mellora da sustentabilidade do sector gandeiro e á valorización dos servizos ecosistémicos, mediante o uso de tecnoloxías dixitais e enfoques baseados en datos.
Para alcanzar este obxectivo xeral, o proxecto articúlase arredor dos seguintes obxectivos específicos:
Desenvolver un algoritmo de IA que permita definir modelos de silvopastoreo que integren variables ambientais, produtivas e territoriais, co fin de definir estratexias de pastoreo máis eficientes e sostibles. Este modelo axudará a optimizar a xestión do gando para a prevención de incendios
Implementar modelos de aproveitamento de biomasa para mellorar a eficacia do gando na limpeza das franxas de protección, desenvolvendo un modelo de aproveitamento que integre diferentes tipo de gando e que optimice o control da vexetación mediante, reduza do risco de incendios e mellore o estado do monte
Explorar o uso de ferramentas dixitais que faciliten o seguimento, a planificación e a toma de decisións no ámbito do silvopastoreo, validación de solucións “plug&play” para elementos auxiliares clave mellorando o manexo e o benestar animal
Establecer criterios que permitan medir e interpretar os beneficios ambientais asociados a estas prácticas, garantindo a súa fiabilidade e aplicabilidade, xerando unha metodoloxía robusta para cuantificar os servizos ecosistémicos xerados polo silvopastoreo que garanta a verificación por unha terceira parte (independente)
Desenvolver unha plataforma dixital con dúas vertentes: unha para empresas, que facilite o cumprimento da CSRD/NFRD e a RSC; e outra para a cidadanía, que promova a participación social
O proxecto SILVO+ permitirá avanzar cara a un modelo de xestión forestal máis sostible, eficiente e apoiado en coñecemento técnico e tecnolóxico. Entre os principais resultados esperados destacan:
Espérase demostrar que o silvopastoreo pode actuar como unha ferramenta eficaz para a redución da biomasa vexetal e, polo tanto, do risco de incendios. A aplicación destas prácticas permitirá unha intervención continua e adaptada ao territorio, reducindo a necesidade de actuacións intensivas e favorecendo o equilibrio dos ecosistemas.
O proxecto contribuirá á optimización das prácticas de pastoreo extensivo, facilitando unha mellor planificación e adaptación ás condicións do medio. Isto repercutirá nun uso máis eficiente dos recursos e nunha maior viabilidade das explotacións gandeiras vinculadas ao territorio.
SILVO+ promoverá ferramentas que melloren a operatividade do silvopastoreo en contornas complexas, permitindo adaptar o manexo do gando a diferentes condicións xeográficas e ambientais, ao tempo que se favorece o seu benestar.
Un dos resultados clave será a definición de metodoloxías que permitan identificar, medir e comunicar os beneficios ambientais derivados destas prácticas. Isto facilitará o recoñecemento do valor que achega o silvopastoreo en termos de sustentabilidade e conservación.
Desenvolverase unha plataforma que permita centralizar información relevante do proxecto, facilitando o seguimento das actuacións, a análise de datos e a comunicación de resultados de forma clara e accesible para distintos usuarios.
A integración de datos ambientais e produtivos permitirá mellorar a comprensión do comportamento do sistema, facilitando a toma de decisións máis informadas e adaptadas á realidade do territorio.
As solucións desenvolvidas serán implementadas e validadas en parcelas piloto, asegurando a súa viabilidade técnica e a súa capacidade de adaptación.
O proxecto aspira a xerar impacto positivo mediante:
Os coñecementos e solucións desenvolvidas no marco de SILVO+ estarán orientados á súa aplicación noutras áreas, favorecendo a súa replicabilidade e contribuíndo á expansión de modelos sostibles no ámbito agroforestal.
El pasado 21 de abril se celebró la jornada de lanzamiento...
Leer más
TENZAS Enxeñería e Asesoramento Legal, S.L. é unha empresa galega con sede en Lugo e delegación operativa en Mondoñedo, dedicada á consultaría forestal e ao asesoramento técnico, xurídico, fiscal e administrativo no medio rural. Fundada no ano 2013, a súa actividade está orientada á xestión sostible dos recursos naturais, cun forte compromiso coa innovación e coa responsabilidade social.
O equipo promotor de TENZAS acumula máis de dúas décadas de traxectoria profesional nos ámbitos forestal, ambiental e legal, con experiencia directa en xestión forestal sostible, dereito ambiental e asesoramento a comunidades rurais. Na actualidade presta asesoramento continuado a 156 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) en toda Galicia, varias delas referentes en silvopastoreo e manexo dirixido do gando para o control do mato e a prevención de lumes —entre outras, as CMVMC de Carballo (Friol), Buio (Viveiro), Miñotos (Ourol), Cadramón (O Valadouro), O Pereiro (Alfoz), Labrada (Abadín) e Estelo e Tronceda (Mondoñedo) e Raño (Irixoa). Esta implantación territorial e práctica continuada permite a TENZAS activar pilotos, validar modelos en condicións reais e transferir boas prácticas con trazabilidade, achegando rigor e viabilidade operativa aos proxectos.
Nova Industria Galega SL (en diante, NIGAL) é unha start-up que nace como resultado de anos de investigación e desenvolvemento dos fundadores da empresa no eido da Intelixencia Artificial (IA) para o deseño e implementación de plataformas dixitais que se apoian nesta tecnoloxía para democratizar o acceso dos clientes da compañía ao uso responsable e sostible dos datos xerados nos seus modelos de negocio.
O obxectivo da empresa é afrontar os retos da Industria 4.0 en Galicia, achegando o Machine Learning, as ferramentas de Big Data e a optimización matemática ao tecido empresarial galego, independentemente do tipo de empresa, das súas necesidades e do seu nivel actual de dixitalización.
Partindo dunha base sólida e fiable, NIGAL dispón das capacidades e coñecementos tecnolóxicos necesarios para proporcionar solucións flexibles, xa que o seu propio equipo de expertos é o encargado do desenvolvemento dos proxectos.
Ence é líder europeo en produción de celulosa de eucalipto, a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa forestal e líder en xestión integral e responsable de superficies e cultivos forestais. Ence dispón de dúas biofábricas de produción de celulosa de fibra curta (BHKP) a base de madeira de eucalipto no noroeste de España. Unha de 685.000 toneladas de capacidade instalada en terreos propios situada na localidade de Navia, en Asturias e outra de 515.000 toneladas de capacidade situada en terreo concesional en Pontevedra, Galicia. Ámbalas dúas utilizan madeira de eucalipto maioritariamente adquirida no contorno das biofábricas e procedente de fontes responsables certificadas que garanten unha xestión forestal sustentable. O negocio de Celulosa de Ence comprende todas as actividades vinculadas á produción de celulosa para a súa venda a terceiros. Inclúe, por tanto, non só a produción e venda da celulosa senón tamén a coxeración e xeración de enerxía renovable con biomasa en plantas vinculadas ao proceso produtivo, así como a subministración e venda de madeira procedente de plantacións sostibles xestionadas pola Compañía. O Grupo xestiona na Península Ibérica unha superficie patrimonial total de 64.185 hectáreas netas produtivas, das que 43.290 hectáreas son en propiedade.